05.2.10

Cuestionarios de lingua

Vas crear a túa propia actividade interactiva sobre aspectos lingüísticos para que a resolvan os e as compañeiras.
1. Primeiro soluciona ben todas estas preguntas (a, b, c, d):

a) Test de Tintarras (as tres primeiras páxinas)

b) 25 preguntas sobre Lengua y literatura I

c) 25 preguntas sobre Lengua y literatura II

d) Resumo (só conceptualización, características e proceso)
Tipos de resumen

2. Agora crea ti o teu cuestionario partindo da información traballada nas anteriores actividades (con preguntas semellantes, non idénticas). Faralo con Mystudiyo. Pode integrar multimedia (vídeos, etc.).
Para achegarte ao que podes facer e ao seu funcionamento, resolve estas cuestións apoiándote nas imaxes:

Tamén podes ver este cuestionario feito por un alumno de PCPI deste centro o ano pasado:

04.19.10

e ti k m kontas??

Unha tarefa sobre a lingua en certos espazos da rede. Imos presentarlle á xente que coñece pouco os usos da lingua que facedes os mozos e mozas nas redes sociais cales son as características desa escrita. É dicir, algo así como unha guía para entender mensaxes.
Esa guía, explicativa e práctica, farala nunha nova anotación do teu blogue.
Sigue estes pasos.

1. Entra na administración do teu blogue e abre unha nova anotación co título Outra forma de escribir.

2. Fai unha introdución á guía explicando como cres que hai que considerar eses usos da lingua simplificadores derivados do chat (por iso se lle ten chamado fala escrita) que se dan en contextos moi concretos -practicamente só en mensaxes das redes sociais e fotologs-, pero normalmente non noutros espazos como os artigos de blogue. Para iso, aproveita estes datos e reflexións:

La tecnologia hace que los ninos escriban mejor, no peor
Consideran un fenómeno “irrefrenable” el lenguaje utilizado en SMS y Messenger
El lenguaje SMS llega a los diccionarios

3. Copia despois, na mesma anotación do blogue, o cadro seguinte para clasificar as peculiaridades do galego e mais do castelán das mensaxes da rede. Introdúceo cunha oración como A seguir recollemos algúns exemplos desa linguaxe:

Diferenzas ortográficas
Exemplos reais “Tradución” á lingua estándar

Variacións morfosintácticas
Exemplos reais “Tradución” á lingua estándar

Peculiaridades léxicas
Exemplos reais “Tradución” á lingua estándar

Para encher a táboa, podes tomar exemplos das redes que empregas, pero tamén dos fotologs e mais da rede social do centro (fíxate nas caixas de mensaxes dos usuarios).

Para saber clasificar cada caso, axúdate deste sitio para o galego e deste para o castelán (ten que haber exemplos de ambas as linguas).

Para as dúbidas, bota man do corrector en liña (Galego, Castelán).

4. Por último, explica as características que observaches nos fragmentos que achegaches en cada bloque. Por exemplo:

Ortograficamente, é frecuente a redución de certas palabras eliminando as vogais, como bks ou krt.

Ensínanos a lingua aos demais!

Tags: ,
| Posted in tarefas | Comentarios desactivados en e ti k m kontas??